Comunidade

A maiores da representación no Goberno da Universidade de Vigo, o estudantado activo está presente en moitos máis espazos, organizándose por defender os seus dereitos, ser parte da corrente cultural da súa xeración ou amenizar o os estudos. Existen iniciativas como mUVers, plataforma na que atopar toda a información sobre actividades deportivas na Universidade, Campus Activo para ver e unirse a talleres, cursos e actividades culturais e unha chea de eventos culturais e premios que podes atopar na páxina web da Universidade.

Fora destas plataformas propias da UVigo, existen organizacións formadas por e para as estudantes, entre as que podemos atopar:

As delegacións

O estudantado de cada centro vive unha realidade, en moitos aspectos, distinta e única. Para poder lidiar con esta realidade e afrontar as problemáticas do estudantado no día a día, as estudantes contamos coas delegacións.

As delegacións, como o Ceuvi, están conformadas por estudantes que ofrecen o seu tempo de forma voluntaria para loitar polos dereitos de todas as súas compañeiras, dende participando nas Xuntas de Centro, onde se toman as decisións de cada Facultade e Escola, ata realizando eventos e actividades para dinamizar a vida universitaria e, nalgúns casos, dar apoio a causas benéficas.

Moitas das delegacións teñen unha oficina pola que te podes achegar para coñecelas e conseguir información de primeira man delas, para máis información podes visitar a páxina web da Universidade.


As asociacións

Non é rara a ocasión na que un grupo de estudantes decide organizarse para realizar unha actividade, tanto deportiva ou cultural como social ou lúdica. Na Universidade de Vigo as estudantes teñen logrado grandes éxitos tamén con asociacións adicadas ao desarrollo de vehículos, facendo coches de carreiras, barcos solares, satélites en miniatura, drons ultralixeiros…

Nalgunhas destas ocasións o estudantado opta polo asociacionismo, para poder ser recoñecidos de forma oficial pola Universidade e optar a fondos e axudas, tanto da propia Universidade como de outras institucións, para así poder financiar as súas tarefas e ter unha estrutura interna formalizada. Na páxina web da Universidade podes atopar un listado das asociacións recoñecidas, pero hai moitas máis! Se tes interese en atopalas recomendámoste preguntarlle as túas compañeiras, e si a que buscas non existe… sempre ten que haber alguén que busque a masa crítica, proba a contactar con algunha das asociacións existentes ou connosco e de seguro que obtés o consello necesario.


Os sindicatos

O mundo do sindicalismo entre as estudantes é moi dinámico, polo que non existe un listado oficial na Universidade. Si formas parte dalgún sindicato e queres aparecer no seguinte listado, contáctanos ao noso email oficial incluíndo o nome do sindicato, o contacto e o número de integrantes matriculadas na UVigo, engadirémosvos na lista e vos convidaremos ao noso grupo de Telegram privado.

Inda que no Ceuvi as nosas integrantes estén presentes a título individual e por tanto non teñamos lazos con ningún sindicato, gústanos escoitar e apoiar a todas as agrupacións que loiten polos dereitos das estudantes.