Integrantes

O Ceuvi está formado por 75 representantes dos distintos centros, repartidas de forma proporcional ao número de matriculadas no momento de ser convocadas as eleccións. Podes atopar os datos relativos a esta repartición na páxina web da UVigo.

Como nalgúns casos é posible que durante as eleccións queden postos vacantes ou que se produza unha renuncia ao cargo ben por finalización ou cese dos estudos ou por causas persoais, ademáis das persoas claustrais (membros automáticos do Ceuvi) as delegacións dos centros poden propoñer candidatas para cubrir as prazas vacantes, non tendo voto no claustro pero sí nos órganos internos do Consello de Estudantes.


Para facilitar a xestión dos espazos de traballo, o Ceuvi consta dunha Coordinadora, formada pola Presidencia, Secretaría e Tesourería, e a maiores tres Coordinadoras de Campus (para Ourense, Pontevedra e Vigo). A maiores, no Ceuvi existen comisións de carácter temporal e comisións permanentes, como poden ser a de Garantías ou a de Comunicación.

No seguinte listado podes comprobar quenes son as compañeiras que se encargan de representarte nos organos de goberno da Universidade de Vigo.

{{HTML}}