O Ceuvi

O Consello de Estudantes da Universidade de Vigo (Ceuvi) é unha organización de carácter asambleario íntegramente formado por estudantes. Orixinalmente formado por un grupo de representantes no Claustro da Universidade de Vigo, o Ceuvi creceu ata ser un organismo recoñecido pola universidade conformado tanto polas representantes no Claustro de todas as facultades e escolas da Universidade.

A principal función do Ceuvi é a de coordinar e organizar a representación do estudantado nos órganos da Universidade de Vigo para así poder ter unha maior presenza e poder de influencia na toma de decisións. Esto é levado á práctica mediante a presenza dos seus membros nas distintas Comisións da Universidade, no Claustro e no Consello de Goberno, organismos nos que se deciden dende como se asignan as bolsas á definición dos Plans Estratéxicos da UVigo. Podes atopar máis información dos Órganos Colexiados da UVigo na web da universidade.

Neste sentido, o Ceuvi é o responsable de levar ata a reitoría a vontade do estudantado, propoñendo cambios na normativa, poñendo as problemáticas que nos afectan a todas enriba da mesa e loitando pola defensa dos dereitos de toda a comunidade universitaria ante os posibles abusos e incumprimentos da normativa.

Ademáis, o Ceuvi ten presenza en organismos estatáis como a Coordinadora de Representantes de Estudiantes de Universidades Públicas (CREUP) e o Consejo de Estudiantes Universitario del Estado (CEUNE), podendo facer chegar as problemáticas do estudantado da Universidade de Vigo directamente ao Ministerio Español.


Podes ver a normativa baixo a que se rixe o Ceuvi

Podes atoparnos en