Consello de Estudantes da Universidade de Vigo (CEUVI)
63 subscribers
102 photos
2 videos
16 files
82 links
Canle para a difusión de información relevante das representantes de estudantes no Consello de Goberno e no Claustro.

💻Email: ceuvi@uvigo.gal
🐦 Twitter: @ceuvigo
Download Telegram
🔸Aquí tedes a Orde do día do próximo Consello de Goberno que se celebrará mañá🔸
🔝 Este luns no claustro falarase de 🔝
🗳 Hoxe presentamos no claustro a proposta das compañeiras de @ReferendUV e @ReferendoOU coa aprobación do reitor
Hoxe levamos de novo as preocupacións das estudantes ao claustro
🥘 Preguntamos de novo polo estado das bolsas comedor
🚌 Tamen polos puntos de carga da tarxeta do bus no CUVI
💶 Preguntamos pola ausencia do CEUVI nos orzamentos
🚀 Protestamos pola falta de seriedade coa que se están tratando os problemas de aeroespaciais
📃 Solicitamos un informe sobre as Guías Docentes ao Tribunal de Garantías
📝 Protestamos pola excesiva burocratización na universidade
📧 Criticamos a falta de seguridade nas listas de correo
🗓 O mércores pasado tivemos o primeiro claustro no campus de Ourense coa nova reitoría, esperamos ver máis claustros tanto alí como en Pontevedra.

Nel falamos, entre outras cousas de:
👩🏻‍💻 A necesidade dun Convenio Colectivo para as investigadoras
📚 O peche e cambio de horarios das bibliotecas e o carácter público dos seus espazos
🥗 Criticamos o incumprimento da data de saída das bolsas comedor prometida
🚌 O diferente trato aos distintos campus en facilitación de transporte para os claustros
📜 As listas de prezos dos comedores da universidade
🛡 Os problemas de seguridade recurrentes en FaiTIC, Secretaría Xeral...
A necesidade de solucións reais contra o incumprimento de curriculares
🙅🏻‍♀️ Tamén se presentou o informe sobre o acoso na nosa universidade http://ow.ly/HkXh30nG9oK . Felicitamos á Universidade de Vigo e desexamos que nun futuro estas medidas conten con máis fondos e plans de prevención e sanción efectivos.
💻 O reitor deu a coñecer o interese por unificar as plataformas informáticas para facilitar o seu uso e intentar solventar os problemas (moitos e moi graves) de seguridade e facilidade de uso que estamos a presenciar ultimamente.
🧓 Dende o PAS se mostrou preocupación pola ausencia de plans de contratación ante a inminente xubilación dunha alta porcentaxe da plantilla
👩‍🏫 Presentouse un informe de contratación no que poidemos ver que en dous anos casi se van a cuadruplicar o numero de prazas de catedráticos mentras que as promocións de investigadoras a titulares vai ser casi catro veces menor
🏛 Ante a aparición dunha nova universidade privada en Galicia o reitor mostrou a súa preocupación pola ventaxa desta ao non seguir as normas aplicadas as tres universidades públicas agora existentes e tamen criticou a creación dun grado de robótica en Lugo que se supuña que iba a ser de robótica agroforestal
Bos días compañeiras!

Tras case tres anos de inactividade nas redes sociais, dende o Consello de Estudantes da Universidade de Vigo imos a recuperar a actividade nesta canle de divulgación para actualizarvos nos avances relativos ás eleccións ao Claustro e ao novo Equipo Reitor.

Para desempolvar un pouco a nosa imaxe e poder chegar con máis forza ao estudantado as nosas compañeiras levan traballando os últimos meses nunha serie de proxectos que vos iremos comentando nas vindeiras semanas, comezando por unha nova imaxe corporativa e a publicación da nosa web oficial, ceuvi.uvigo.gal.

Esperamos poder contar co voso apoio de cara a presentar o CEUVI á Comunidade Universitaria e promover a participación de todo o estudantado nos procesos electorais que comezarán en cuestión de semanas.

Lembrade que podedes contactar connosco mediante o correo ceuvi@uvigo.gal ou polo grupo de Telegram aberto a toda a comunidade @ceuvigo.
O pasado 1 de febreiro publicouse no taboleiro electrónico oficial da Uvigo a convocatoria de eleccións á Reitoría e de representantes no Claustro universitario, o que nos inclúe a nos, estudantes. Toda a información e a documentación relacionada cos ditos procesos electorais estará dispoñible tamén na web da Uvigo, en:

https://www.uvigo.gal/es/universidad/gobierno-uvigo/democracia/elecciones-claustro

https://www.uvigo.gal/universidade/goberno-uvigo/democracia/eleccions-reitoria

De acordo co calendario electoral, hoxe venres 18 de febreiro publicáronse no taboleiro electrónico oficial os censos provisionais que podes consultar en:

https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=26150933

O prazo de reclamacións, no seu caso, aos ditos censos abrangue do luns 21 ao venres 25 de febreiro.

Tanto as reclamacións aos censos, como o exercicio do dereito de opción nos casos en que proceda, formularanse través do procedemento habilitado na sede electrónica ou presencialmente nas oficinas de asistencia en materia de rexistro de calquera dos tres campus. O procedemento en sede atópase en:

https://sede.uvigo.gal/public/catalog-detail/26047095

É importante que se revisen os censos de todos os centros para evitar sorpresas cando cheguen as eleccións.
Tras varios meses de espera, no mes de febreiro levamos a cabo a nosa primeira campaña promocional, en colaboración con 7 das asociacións recoñecidas pola UVigo.

Esta campaña consistiu no deseño e fabricación de 100 libretas con cada unha delas, poñendo o nome do Ceuvi e o noso contacto na man de 700 estudantes.

A entrega destas libretas tamén supuxo a primeira xuntanza do Ceuvi con gran parte de estas asociacións, coas que agora tratamos de crear unha plataforma que poña en contacto ás delegacións, asociacións, sindicatos e representantes claustrais, de cara a lograr a máxima participación posible nas vindeiras eleccións e formar unha rede de contactos que beneficie á Comunidade Universitaria no seu conxunto.
Hoxe fíxose entrega das chaves do novo local do Ceuvi, situado na área comercial do campus de Lagoas Marcosende, en Vigo (o cuvi).

Isto supón un gran paso de cara ao asentamento do Ceuvi como unha institución na Universidade de Vigo, tendo un espazo no que poder organizarse e reunirse con calqueira membro da nosa Comunidade Universitaria.

Nos vindeiros meses nos encargaremos de renovar o local e asegurarnos de que se visibilice o máximo posible.
Candidaturas Eleccións Estudantado.pdf
157.5 KB
Hoxe foron publicadas as candidaturas do Estudantado ás eleccións ao Claustro para revisión, e polo de agora as cifras supoñen varios récords, con récords tanto de candidaturas como de persoas elixibles, só dous centros quedando sin representación e eleccións en 11 centros.

En anos anteriores a participación era moito menor, sendo unha novidade que haia eleccións ao estudantado. Moita sorte a todas as candidatas, e benvidas as representantes que xa tendes a praza asegurada!

Como indica o proceso electoral, a proclamación definitiva de candidaturas farase o 5 de abril, pero inda así lembrade que só tendes ata o día 31 para facer reclamacións e modificacións ás vosas candidaturas.
Consello de Estudantes da Universidade de Vigo (CEUVI)
Candidaturas Eleccións Estudantado.pdf
Lembrade que hoxe ata as 18 horas se levará a cabo o proceso de votación entre o estudantado nos centros que comentáramos na mensaxe anterior, e á reitoría en todos os centros.

Pese ao que moita xente pensa, o estudantado tamén pode (e debería) participar das eleccións ao equipo reitor. Neste caso só hai unha candidatura, pero inda así debe recibir suficiente apoio para poder gobernar na UVigo, e, de non conseguilo, tería que establecerse un goberno en funcións.

En cada centro a colocación das urnas é diferente, de non atopalas preguntade na conserxería, delegación ou entre as compañeiras. Vémonos nas urnas!
CU_proclamacion-provisional-sector-C.pdf
203.5 KB
Xa son públicos os resultados das eleccións no sector estudantil. Felicidades a todas as candidaturas electas!